24 abr 2013

MARATÓN DE LECTURA

Escribimos os nosos comentarios sobre o MARATÓN DE LECTURA 



Eu paseino moi ben  no maratón de  lectura porque  daba moito gusto como lían todos os nenos  de 1º, 2º,5º e 6º  e tamén creo que todos nós, os nenos e nenas de 4º, o fixemos bastante ben.
Brais 

O Día do Libro participamos no maratón de lectura. Eu sentínme moi ben recitando e seguro que os demais tamén.
Guzmán

O martes 23 de abril fomos ao Concello para ler poesías porque celebramos o Día do Libro. Na miña opinión, 4º A fíxoo moi ben, tan ben como o resto dos cursos.
Ana Rapa
O día 23 de abril fun ao maratón de lectura. Non estaba tan nerviosa porque xa fora o ano pasado. Paseino moi ben recitando e sentíndome fenomenal.
María
O maratón de lectura gustoume porque me gusta a poesía e este ano foi adicado á famosa escritora Rosalía de Castro. 
Carla
O 23 de abril fomos ler ao Concello e eu nos ensaios estaba algo nerviosa, pero cando chegou o día quería ler xa.
Madina
No maratón de lectura fun a primeira en ler. ao empazar estaba moi nerviosa pero máis tarde xa me calmei. Estou moi contenta do ben que lin e seguro que os demais tamén.
Karla
Toda a clase participamos no maratón de lectura. A min tocoume ler con Nuria. Eu estaba un pouco nervioso. Pola miña parte creo que limos xenial todos e Inma quedou moi contenta con nós.
Simón
Eu estaba moi contento de ler poesías de Rosalía de Castro, pero tamén estaba moi nervioso. Ao final paseino moi ben.
Jose
Cuando llegué al maratón de lectura estaba nerviosa, luego leí y lo hice genial. Espero volverlo a hacer.
Mónica
Cando empecei subíame algo polo estómago pero ao final estivo moi ben. Eu creo que estas dúas horas non foron unha perda de tempo.
Iria Pardo
Estaba nerviosa de leer en público. Al principio tenía miedo pero al final me salió muy bien.
Paula
Eu sentín vergoña pero despois estaba máis tranquila. Penso que todos o fixemos moi ben.
Alba
No maratón de lectura creo que o fixemos xenial igual que os outros nenos e nenas dos diferentes cursos. Ler os poemas de Rosalía foi para min fantástico, sempre me emociono recitando.
Nuria


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.