21 dic 2011

UN BARCO NO CEO


Os nenos de 3ºB estiveron traballando o libro "UN BARCO NO CEO" e comentárono así:


Isabel e Nicolás ían paseando pola praia e atoparon un barco vello. Arranxárono e, como facía vento empezou a andar pola area. Viron a Sidonia, unha cegoña ferida, e axudárona. Despois o seu barco empezou a voar e axudaron a un neno que non podía respirar porque na súa cidade había moita contaminación. Na súa viaxe tamén axudaron a moitas outras persoas que estaban en perigo.

Gustoulles moito.

18 dic 2011

OS OLLOS DE RAMÓN



As nenas e nenos de 3º limos "OS OLLOS DE RAMÓN"

Ramón ten os ollos birollos e pode ver dúas cousas á vez e entòn xùntanse esas dùas cousas.
Un día no cole xuntou á profe con un boneco e outro día na casa xuntou o gato cun xarrón. No colexio burlábanse del e chamábanlle birollo.
A súa nai levouno ao oculista, puxéronlle un parche e así arreglouse o problema.
Pero Ramón, de vez en cando, levanta o parche.



GUSTOUNOS MOITO, É UN LIBRO MOI DIVERTIDO.

6 dic 2011

A PULGA E O XIGANTE

Era unha vez un xigante chamado Cristóbal e unha pulga chamada Lambetona.
Un día Lambetona foi á casa de Cristóbal, pero el non estaba. O xigante chegou enseguida e entraron na casa. Cristóbal tiña galletas e Lambetona quería comerllas. Cristóbal enfadouse e quería esmagala, pero Lambetona como era moi lista escapou e agachouse nun puñado de chícharos. Cristóbal buscouna por toda a casa e non a encontraba. Despois mirou no medio dos chícharos e alí estaba a pulga ,Lambetona. Cristóbal corría detrás dela pero non conseguiu collela.
Ao final Lambetona, como era moi rápida escapou para a súa casa e comeu todas as galletas do xigante que levaba na man.

Nenas e nenos de 3ºB

1 dic 2011

A BRUXA PANDORA

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES estivemos traballando o conto de A BRUXA PANDORA que é unha bruxa que traballa facendo pocións e bruxerías. Ademais ela sempre ten que facer todo o traballo da casa: limpa o pó e pon a lavadora.
A bruxa Pandora xa está farta de traballar tanto, enriba ten que levar ao bruxiño á escola de maxia. Un día, farta ata o cucurucho, pedíulle ao seu compañeiro que fixeran este traballo ao 50 %, a metade cada un.
Así nolo conta Carla Álvarez 3ºA

Eu penso que a bruxa ten razón, que o traballo non o tiña que facer só a muller, tamén o home. Así é moito máis xusto.
Karla Braña 3º A
O conto trata dos dereitos das mulleres e de que as mulleres traballan e traballan e os homes fanse o vagoneta. Pero só algúns. Eu estou de acordo coa Bruxa pandora.
Nuria Bermúdez 3º A

Así nos quedou o libro

BISCOITO DE NOCES

Un dos froitos do outono son as noces e sabemos da súa importancia na nosa alimentación; están no grupo das proteínas para comer varios días á semana. Na festa do MAGOSTO probamos BISCOITO DE NOCES. Buscamos receitas e aquí a tedes. Nosoutros ímola facer a próxima semana. Xa vos contaremos.
Ingredientes:
  • 3 ovos
  • 210 gramos de azucre
  • 200 gramos de fariña
  • 1oo gramos de noces picadas
  • 1 iogur de limón
  • 1 sobre de levadura
  • 4 culleres de aceite de oliva

Elaboración:

Poñer os ovos nunha cunca e batelos.

Engadir o azucre, o iogur e o aceite.

Seguir batendo.

Botar a fariña e a levadura e volver a bater.

Por último engadimos as noces picadas e remexemos.

Preparamos o molde, botamos a masa e poñémolo no forno a temperatura media. Deixámolo 20 minutos aproximadamente.








10 nov 2011

QUE SEI DO SAMAÍN?

Hai máis de 2.000 anos viñeron a Galiza os pobos celtas. Eles tamén celebraban o SAMAÍN. Era o día máis perigoso do calendario porque viñan os mortos e poñían as cabezas dos enemigos no alto das murallas para protexerse. Tamén o celebraban a noite do 31 de outubro que era cando remataba o verán e comezaba o inverno.
Nosoutros en vez de facelo con cabezas de mortos facémolo con cabazas e tamén nos disfrazamos.
Ana Balseiro 3ºA

O día do SAMAÍN é moi antigo, ten cerca de 2.600 anos, de cando os pobos celtas viñeron a Galicia e trouxeron alguhnas das súas costumes.
Os celtas celebraban o Samaín índo ao cementerio. Para eles era o día máis perigoso do ano: o final do verán e o comezo do inverno, era o día de aninovo.
Os pobos celtas facían moitas guerras, conservaban as cabezas dos seus enemigos e o día do Samaín poñíanas no alto das murallas cunha cndea dentro.
Nós agora traemos cabazas ao cole e decorámolas.

Madina Satorras 3ºA

7 nov 2011

LEÓN DE BIBLIOTECA

Así nos conta ANA RAPA de 3ºA o conto "LEÓN DE BIBLIOTECA"
Era un león que un día foi á biblioteca. Cando entrou foi sentarse á zona onde contaban os contos para escoitar. O axudante foi dicirlle á directora que había un león na biblioteca e ela dixo que si cumpría as normas que o deixara en paz.
Pero despois o león incumpriunas e a directora díxolle que si se portaba ben deixaríalle volver ao día seguinte. O día seguinte o león axudou a facer cousas na biblioteca. Axudoulle á directora a coller un libro dunha estantería, pero a directora caeu do taburete e o león foi correndo a chamar ao axudante, pero el non fixo nada e o león tivo que ruxirlle. O axudante botouno da biblioteca por incumprir as normas.
Como todos o botaban moito de menos, o axudante buscouno por todas partes e cando o atopou díxolle que había unha norma nova. Esta norma nova era que se podían incumprir as normas de vez en cando se era necesario.
Entonces o león volveu para a biblioteca a facer o que máis lle gustaba: LERLLES CONTOS AOS NENOS E NENAS.

3 nov 2011

SOMOS OS NENOS E NENAS DE 3ºB

As nenas e nenos de 3º B estamos moi contentos de estrenar un blog no que veredes moitos dos nosos traballos.

30 oct 2011

ALUMNADO DE 3º A

Estes son os nenos e nenas de 3º A e están moi content@s de presentarse no blog que acabamos de inaugurar.

Ola! Chámome Simón.Teño 8 anos. O meu colexio chámase Vista Alegre e vivo en Burela. O meu color favorito é o vermello e o meu exercicio favorito é andar en bicicleta.

Ola! Chámome Ana.Teño 8 anos.Estudio 3º de primaria.Vivo en Burela. Gústame ler, xogar coa miña cadeliña e ver a televisión.

Ola! Chámome Iria.Teño oito anos. Vou ao cole Vista Alegre e estudio en 3º de primaria.Vivo en Burela e gústame patinar e dar paseos.

Ola! Chámome Brais. Teño sete anos. Estudio 3º de Primaria e vivo en Burela.Gústame o futbol.

Ola! Chámome Iria.Teño 8 anos.Estudio en 3º A de primaria. O meu colexio chámase Vista Alegre. Vivo en Burela. Gústame andar en bicicleta pola Marosa coa miña nai.

Ola! Chámome Ana. Teño 8 anos e estou en 3º A no CEIP Vista Alegre. A miña comida favorita son os macarróns. Gústame andar en bici e xogar cos meus mellores amigos.

Ola! Chámome Nuria.Teño oito anos. Estou en 3º A do CEIP VISTA ALEGRE. Vivo en Burela. Gústame andar en bici e patinar.

Ola! Chámome Jose. Teño oito anos. Vou ao colexio Vista Alegre. estou na clase de terceiro. Gústame o futbol.

Ola! Chámome Guzmán.Teño oito anos. Estudio 3º de primaria e vivo en Burela.Gústame o futbol, nadar, tenis e o baloncesto.No colexio o que máis me gusta é educación física, o recreo e as matemáticas.

Eu son Toni. Teño 10 anos. Gústame xogar no parque.

Ola! Chámome Jessica . Teño oito anos. Estudio en 3º de primaria no C.e.i.p Vista Alegre. Vivo en Burela no edificio O’PERDOURO. Gústame a pizza e encántame comer gominolas , pero si como moitas poden estropearme os dentes. Gústame saltar á comba.

Ola! Chámome Madina, teño oito anos. Estudo en 3º de primaria, no colexio Vista Alegre. Vivo en Burela. Gústame patinar e saltar á comba. Encántame a pizza e a tortilla de patacas.

Ola! Chámome Carla. Teño sete anos. Estudo en 3º de primaria e vivo en Cangas. Gústame ir en bici a Riosmar coa miña irmá.

Ola, chámome Karla e vivo en Alfoz. Teño 7 anos, estou en 3ºA no cole Vista Alegre. Gústame nadar, patinar e baloncesto.

Ola, chámome María, teño 8 anos e estou en 3º A do Ceip Vista Alegre. Eu vivo en Burela feliz cos meus amigos, estudiando para aprobar todos os exames. A min gústame andar en bici e nadar.