21 dic 2011

UN BARCO NO CEO


Os nenos de 3ºB estiveron traballando o libro "UN BARCO NO CEO" e comentárono así:


Isabel e Nicolás ían paseando pola praia e atoparon un barco vello. Arranxárono e, como facía vento empezou a andar pola area. Viron a Sidonia, unha cegoña ferida, e axudárona. Despois o seu barco empezou a voar e axudaron a un neno que non podía respirar porque na súa cidade había moita contaminación. Na súa viaxe tamén axudaron a moitas outras persoas que estaban en perigo.

Gustoulles moito.

18 dic 2011

OS OLLOS DE RAMÓN



As nenas e nenos de 3º limos "OS OLLOS DE RAMÓN"

Ramón ten os ollos birollos e pode ver dúas cousas á vez e entòn xùntanse esas dùas cousas.
Un día no cole xuntou á profe con un boneco e outro día na casa xuntou o gato cun xarrón. No colexio burlábanse del e chamábanlle birollo.
A súa nai levouno ao oculista, puxéronlle un parche e así arreglouse o problema.
Pero Ramón, de vez en cando, levanta o parche.



GUSTOUNOS MOITO, É UN LIBRO MOI DIVERTIDO.

6 dic 2011

A PULGA E O XIGANTE

Era unha vez un xigante chamado Cristóbal e unha pulga chamada Lambetona.
Un día Lambetona foi á casa de Cristóbal, pero el non estaba. O xigante chegou enseguida e entraron na casa. Cristóbal tiña galletas e Lambetona quería comerllas. Cristóbal enfadouse e quería esmagala, pero Lambetona como era moi lista escapou e agachouse nun puñado de chícharos. Cristóbal buscouna por toda a casa e non a encontraba. Despois mirou no medio dos chícharos e alí estaba a pulga ,Lambetona. Cristóbal corría detrás dela pero non conseguiu collela.
Ao final Lambetona, como era moi rápida escapou para a súa casa e comeu todas as galletas do xigante que levaba na man.

Nenas e nenos de 3ºB

1 dic 2011

A BRUXA PANDORA

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES estivemos traballando o conto de A BRUXA PANDORA que é unha bruxa que traballa facendo pocións e bruxerías. Ademais ela sempre ten que facer todo o traballo da casa: limpa o pó e pon a lavadora.
A bruxa Pandora xa está farta de traballar tanto, enriba ten que levar ao bruxiño á escola de maxia. Un día, farta ata o cucurucho, pedíulle ao seu compañeiro que fixeran este traballo ao 50 %, a metade cada un.
Así nolo conta Carla Álvarez 3ºA

Eu penso que a bruxa ten razón, que o traballo non o tiña que facer só a muller, tamén o home. Así é moito máis xusto.
Karla Braña 3º A
O conto trata dos dereitos das mulleres e de que as mulleres traballan e traballan e os homes fanse o vagoneta. Pero só algúns. Eu estou de acordo coa Bruxa pandora.
Nuria Bermúdez 3º A

Así nos quedou o libro

BISCOITO DE NOCES

Un dos froitos do outono son as noces e sabemos da súa importancia na nosa alimentación; están no grupo das proteínas para comer varios días á semana. Na festa do MAGOSTO probamos BISCOITO DE NOCES. Buscamos receitas e aquí a tedes. Nosoutros ímola facer a próxima semana. Xa vos contaremos.
Ingredientes:
  • 3 ovos
  • 210 gramos de azucre
  • 200 gramos de fariña
  • 1oo gramos de noces picadas
  • 1 iogur de limón
  • 1 sobre de levadura
  • 4 culleres de aceite de oliva

Elaboración:

Poñer os ovos nunha cunca e batelos.

Engadir o azucre, o iogur e o aceite.

Seguir batendo.

Botar a fariña e a levadura e volver a bater.

Por último engadimos as noces picadas e remexemos.

Preparamos o molde, botamos a masa e poñémolo no forno a temperatura media. Deixámolo 20 minutos aproximadamente.