26 dic 2012

ESCRIBIMOS POESÍA



EU SON

Dixéronme que para ser unha boa persoa
Tiña que ser sardiñeira
E outros costureira.
Pero eu estaba ben como era.

Dixéronme que para ser unha boa persoa
Tiña que ser unha herba
E tamén o vento que a leva.
Pero eu estaba ben como era.
  
Dixéronme que para ser unha boa persoa
Non tiña que ter sentimentos
E que do Rei tiña que ser heredeira.
Pero eu estaba ben como era.

E que EU en todo momento
SON COMO SON

Iria Pardo 4º A

12 dic 2012

PICASSO



Os nenos e nenas de 4ºA e de 4ºB estivemos investigando sobre PICASSO. Coñecimos a súa biografía e as súas pinturas. Despois pintamos e para que poidades disfrutar fixemos unha exposición no corredor do cole con todos os nosos traballos.
Esperamos que vos gusten.

4 dic 2012

A LENDA DO 4º REI MAGO




 Conta a lenda que houbo un 4º rei mago chamado Artabán. Un  día Artabán foi hacia un pobo para reunirse cos seus compañeiros de viaxe´os tres Reis Magos, pero chegou tarde porque tivo que axudar a moita xente con necesidades, asi que gastou todos os regalos que levaba para Xesús. Estivo no cárcere e cando se deu conta xa crucificaran a Xesus e pideulle perdón por dar os regalos que eran para el. Xesús díxolle que axudar á xente é como se lle estivera axudando a el.

                                                                KARLA 4ºA

12 nov 2012

DÁMOSLLE VIDA A LIBRUXA

Aquí tedes algún exemplo das biografías que o alumnado de 4º curso escribiu para Libruxa con motivo do Día da Biblioteca. Cando llas entregaron ela regaloulles unha pegatina.


         A BIOGRAFÍA DE LIBRUXA
Libruxa é unha bibliotecaria de trinta e dous anos, pois naceu no ano 1980, en xaneiro o día quince, en Vilalba, na provincia de Lugo. A súa familia era moi cariñosa con ela aínda que de nena era bastante traste e a súa nai enfadábase varias veces. Moitas veces poñíase de pé enriba de catro sillas e berraba: “ Eeeh! Son Libruxa e vivo na rúa Real Nº 7- 2ºC”.
A súa vida adulta foille moi difícil ata que casou cun xornalista tres anos maior ca ela. Desde ese día a súa vida non pode estar mellor porque casada non se sentía tan soa como antes. Sentíase capaz de facer calquera cousa.
O que máis lle gusta a Libruxa desde pequena é ler.
Agora está encantada co seu traballo . Ten unha biblioteca de tres pisos de altura con ascensor e escaleiras mecánicas. Ela é moi agradable cos seus clientes. Sempre lles recomenda bos libros.
Madina Satorras.    4ºA



Libruxa é unha bruxa que naceu en Madrid. Ten setenta anos e aínda que sexa unha bruxa, é moi boa e simpática.
Cando era  pequeña gustáballe gastar bromas pero a veces pasábase un pouco gastándoas. Os seus compañeiros de clase enfadábanse e non xogaban con ela no recreo.
Libruxa foi crecendo e cada vez ía deixando as bromas polos conxuros. Cando tiña dezaseis anos apuntouse a ciencias e cada dia facía unha das súas na clase. Ao cumprir cincuenta anos decideu ir polo mundo enteiro e como aínda non tiña escoba foi en avión.
O avión sufreu unha averia e aterrizou en Burela. Estaba en Burela e foi a dar un paseo. Andando e andando encontrou un colexio e decideu traballar alí. Era o colexio Vista Alegre, o máis famoso de Burela.
Cando a familia de Libruxa se enterou viñeron correndo  e ao cabo de dúas horas estaban os seus familiares alí, os seus tres irmáns: Torcuatro, Locezno  e Aniceto, as súas dúas irmás: Sabina e Mércores, o seu pai Félix e a súa nai Felisa.
Dende ese día Libruxa é a nosa mascota da biblioteca e estamos moi contentos con ela.
Ana Rapa 4º A

20 sept 2012

PASEAMOS POR BURELA APRENDENDO OS SINAIS DE TRÁFICO



O día 18 de setembro fumos todo o alumnado de 4º curso a pasear por Burela cos policías locais, as monitoras de Gaia e as nosas profesoras pretendendo aprender os sinais e un pouco como funcionan as normas de circulación. Polo camino fixámonos no que temos que facer cando camiñamos pola rúa.
Cando chegamos ao Concello fumos á sala de plenos e ensináronnos  uns videos que explicaban os sinais de maneira moi simpática e o perigoso que pode ser ir sen cinturón ou sen silla. A continuación puxéronnos o alcoolímetro e dimos “cero,cero”.
Vimos o despacho da policía e as celdas e por último montamos nas motos e no coche.

Finalmente voltamos ao cole encantad@s.