24 mar 2012

ESTUDIANDO O SISTEMA SOLAR

As profes propuxéronnos un traballo de investigación sobre o Sistema Solar e como nos pereceu interesante aceptamos.
Agrupámonos en parellas e buscamos na biblio todos os libros que nos podian axudar e na páxina de Coñecemento deste blog tamén atopamos información a través de Internet. Na clase acordamos que era o que queriamos saber e as profes prepararon un documento no que tiñamos que recoller a información obtida.
Quedáronnos uns traballos chulos.
Ao final tivemos que presentárllelo aos nenos e nenas de 5º curso e con isto pasámolo un pouco mal. Tiñamos moitísimos nervios. Dixeron que o fixeramos moi ben.


SEMANA DA PRENSA

Aquí tedes unha mostra de como traballamos cos xornais durante a semana da prensa. Localizamos as diferentes seccións e comprobamos que tipo de información podemos atopar en cada unha delas, limos noticias e suliñamos que información daban e tamén escribimos noticias.