17 sept 2013

Empeza o novo curso e no segundo ciclo temos alumnado novo. Hai unha clase de terceiro con 25 nen@s e dúas clases de cuarto con 14 cada unha. Estamos moi contentos de volver a ver aos nosos compañeiros e compañeiras e desexamos para tod@s un moi bo ano escolar.


Xa vedes nos empezamos a traballar pouco a pouco, pero a verdade costa un pouco ao comezo do curso, pois o verán foi estupendo.



19 jun 2013

DESPEDIMOS O CURSO




Estas son as nosas palabras de despedida de curso
encantoume
                          divertido
soño        amigas
         felicidade             risas
ánimo               sorte                         amigos
   sensacións                        confianza
amizade            recordos
       disfrutei            precaucións
  esforzo             xunt@s   

11 jun 2013

GRANXA ESCOLA

Os nenos e as nenas de 2º ciclo fumos á Granxa Escola de Barreiros en Sarria. Fixemos moitas actividades relacionadas cos animais  e as plantas e tamén coa reciclaxe:  Reciclar, Reducir e Reutilizar.
Estabamos en habitacións de 8, 9 e 10 persoas e durmimos en literas.
Foi unha experiencia que non esqueceremos.
Voltamos a Burela content@s por ver aos nosos pais e ás nosas nais, pero tristes por deixar a Granxa.

ESCRIBIMOS

Queremos compartir dous textos escritos por nenas da clase de 4ºA que foron premiados no certame convocado pola Biblioteca municipal o primeiro e pola Confraría de Burela o segundo.

A TODA MÁQUINA 

  
Nun país non moi lonxano todas as persoas teñen as ideas a toda máquina que non lles da tempo de realizalas, por iso todo é un desastre. As cidades son como un torbelino de rapidez, é dicir como unha super maratón de xente dun lado para outro e con coches sen saber a onde ir, comidas exóticas e extranas , bebidas mal elaboradas, zapatos de luvas, luvas de zapatos, chaquetas de sombreiro, sombreiro de pantalón, pantalón de chaqueta….
Toda esta rapidez facía que tiraran os envases á rúa e aos ríos e que todo estivese feito unha porquería, cheo de plástico, flores arrancadas   chatarra…. Non se daban conta de que o sol cada día se alonxaba aínda máis e cando se deron conta, todo o seu país era coma un espazo sen estrelas e sen cor.
Un día apareceu unha flor que lles dixo:
-Veño de Solaria e traio unha mensaxe: imos darvos a luz de novo para que coidedes este país tan fermoso que tedes. Se non o coidades viviredes na escuridade.
Eles aceptaron. Intentaron facelo pero cando regaban as prantas elas necesitaban máis auga, cando reciclaban faltáballes lixo. Sempre, sempre lles faltaba algo. Ata que un día no que os paxaros cantaban, apareceu un sabio. Ese sabio díxolles:
-Son unha estrela enviada pola lúa para que vosoutros non volvades a caer na escuridade.
Contoulles  o que tiñan que facer e eles comprenderon o que necesitaban ter: tomarse a vida con tranquilidade. Empezaron a regar as prantas, a recoller o lixo e a tratar mellor o seu país. Tamén a vestirse ben, facer mellor a comida.
Déronse conta de que a vida hai que desfrutala, porque non é unha carreira.


Nuria Bermúdez 4º A


POR QUE ME GUSTA O MAR? 

Porque ten ondas de escuma branca coma nubes. tamén porque é a nosa vida. Vemos como medra, como mingua, como ven e como se vai... Polos cantares dos peixes no mar, polas gaivotas que susurran. Porque sempre toca o sol.
Eu vivo nun sitio onde o mar chega e saúda; vaise e chora, e así día tras día.
O mar é a nosa vida, no meu povo sen o mar non existirían os mariñeiros nin as lonxas e eu non podería bañarme nin pasear vendo a súa beleza, ulindo o sal e tocando a area.


Ana Balseiro 4ºA 

A TODA MÁQUINA
 Ana Rapa 4ºA
Debuxo premiado no certame da biblioteca municipal

10 jun 2013

UN PERCORRIDO POLA HISTORIA

As nenas e os nenos de 4º querían coñecer como vivían as persoas no pasado. Sabían moitas cousas da Idade Media que xa descubriran o curso pasado da man de Pardo de Cela pero ao estudar Galicia neste curso, apereceron cousas que lles chamaba a atención: os dolmes, as pontes romanas, os froitos que chegaron de América....Era necesario ordenar todo iso no tempo así que se puxeron a investigar e coa información recollida fixeron un mural que saben explicar moi ben.





24 abr 2013

MARATÓN DE LECTURA

Escribimos os nosos comentarios sobre o MARATÓN DE LECTURA 



Eu paseino moi ben  no maratón de  lectura porque  daba moito gusto como lían todos os nenos  de 1º, 2º,5º e 6º  e tamén creo que todos nós, os nenos e nenas de 4º, o fixemos bastante ben.
Brais 

O Día do Libro participamos no maratón de lectura. Eu sentínme moi ben recitando e seguro que os demais tamén.
Guzmán

O martes 23 de abril fomos ao Concello para ler poesías porque celebramos o Día do Libro. Na miña opinión, 4º A fíxoo moi ben, tan ben como o resto dos cursos.
Ana Rapa
O día 23 de abril fun ao maratón de lectura. Non estaba tan nerviosa porque xa fora o ano pasado. Paseino moi ben recitando e sentíndome fenomenal.
María
O maratón de lectura gustoume porque me gusta a poesía e este ano foi adicado á famosa escritora Rosalía de Castro. 
Carla
O 23 de abril fomos ler ao Concello e eu nos ensaios estaba algo nerviosa, pero cando chegou o día quería ler xa.
Madina
No maratón de lectura fun a primeira en ler. ao empazar estaba moi nerviosa pero máis tarde xa me calmei. Estou moi contenta do ben que lin e seguro que os demais tamén.
Karla
Toda a clase participamos no maratón de lectura. A min tocoume ler con Nuria. Eu estaba un pouco nervioso. Pola miña parte creo que limos xenial todos e Inma quedou moi contenta con nós.
Simón
Eu estaba moi contento de ler poesías de Rosalía de Castro, pero tamén estaba moi nervioso. Ao final paseino moi ben.
Jose
Cuando llegué al maratón de lectura estaba nerviosa, luego leí y lo hice genial. Espero volverlo a hacer.
Mónica
Cando empecei subíame algo polo estómago pero ao final estivo moi ben. Eu creo que estas dúas horas non foron unha perda de tempo.
Iria Pardo
Estaba nerviosa de leer en público. Al principio tenía miedo pero al final me salió muy bien.
Paula
Eu sentín vergoña pero despois estaba máis tranquila. Penso que todos o fixemos moi ben.
Alba
No maratón de lectura creo que o fixemos xenial igual que os outros nenos e nenas dos diferentes cursos. Ler os poemas de Rosalía foi para min fantástico, sempre me emociono recitando.
Nuria


Escribimos contos



EL TRAIDOR OCULTO


 Situémonos en un lugar don de todos los libros viven en armonía. El lobo sigue comiendo a Caperucita y a la abuela… En fin, todos hacen lo que tienen que hacer.
Desde allí se divisan grandes lagos que transportan la tinta para que todos los libros se vuelvan a contar. Sino todos se perderán para siempre. Pero todo cambia. Un día, por la noche los vigilantes (soldaditos de plomo) vieron como una especie de manta negra que cubría los lagos y océanos. Se acordaron del cuento Sami  la tortuga donde pasaba algo parecido.
Y pensaron que era petróleo.
Después se lo comentaron al emperador que andaba probando los trajes nuevos.
El emperador dijo que había que avisar a todos  los libros de lo que pasaba. Cuando fueron avisados se dirigieron al palacio del emperador. Allí les dieron la noticia. Tan asustados estaban que a uno se le calló una hoja, a otro se le borró una letra del título y el otro se quedo en blanco.
La primera opción que tuvieron fue formar un muro entre todos para que pasara la tinta y quedara el petróleo, pero cuando probaron la idea, la tinta también se quedaba con el petróleo.
La segunda opción fue hacer un colador especial para pintura y así pasaba la tinta y quedaba el petróleo. Pero al ser petróleo del mismo espesor que la pintura el petróleo se coló.
Esa noche todos los libros soñaron con el libro del coco pensando que estaba contaminando los lagos y océanos. Y por eso a la mañana siguiente se fueron en su busca. Lo encontraron muy ocupado y no les dejó pasar. Durante ese día no pararon de preguntarse en que estaría ocupado el coco. Cada vez les aumentaba más y más la curiosidad y decidieron vigilarlo.
 El libro de Cenicienta le pidió al Hada Madrina un traje negro y ella se lo concedió. El libro entró en el castillo del coco disfrazado del criado.
Al mirar por el hueco de la llave del despacho escuchó lo que decía el coco, entonces descartaron al coco porque descubrieron que estaba intentando librarse del petróleo. Sospecharon del Soldadito de Plomo porque tiene un barco y los barcos sueltan petróleo. Pero él comentó que no podía ser ni tampoco su barco que es de papel y al no tener motor no podía echar petróleo.
Le pidieron permiso al Emperador para poder consultar su agenda donde están apuntados todos los libros del mundo pero no había nadie sospechoso porque sus escenas no tienen nada que ver con el caso.
El otro sospechoso fue Cruela el libro de 101 Dálmatas porque la tinta de los vestidos podía haber contaminado los ríos, lagos y océanos. Pero la tinta no era bastante para contaminar esos inmensos lagos y océanos. Pensaron en otro libro que utilizaba tinta para vestir y se dirigieron al palacio del Emperador. El Emperador confesó que él había contaminado todo porque al utilizar tanta tinta los depósitos se habían roto y la tinta se dirigió hacia los lagos, ríos y océanos. Le cayeron 20.000 palabras de fianza y la hicieron descontaminar todos los lagos, ríos y océanos, y no volvió  a ser Emperador.


  Iria Pardo




18 abr 2013

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO




Os nenos e nenas de 4º fomos á biblioteca a buscar información para o novo proxecto: UN PASEO POLA HISTORIA.
Queremos descubrir os acontecementos máis relevantes ao longo do tempo. Cada grupo investigará unha época diferente. Ao final construiremos unha liña do tempo.

PRESENTACIÓN DO TRABALLO "ASÍ É GALICIA"

Toda a clase de 5º estivo moi atenta e dixeron que aprenderan cousas novas. Sempre aprendemos dos demais.

17 abr 2013

GALICIA

Os nenos e nenas de 4º B remataron o seu estupendo traballo sobre Galicia.Buscaron información,organizárona e este é o resultado final.


1 abr 2013

ASÍ É GALICIA

O alumnado de 4º de primaria estivo a traballar sobre GALICIA. Organizáronse en parellas e distribuíron os puntos a tratar elaborando un guión. Despois buscaron información, sintetizaron e elaboraron estas presentacións. Como remate terán que expoñer o seu traballo noutros cursos.


22 mar 2013

SOMOS XORNALISTAS

TITULAR
O SOLDADIÑO MARCA O SEU PRIMER GOL

CORPO DA NOTICIA
 O Soldadiño marcou un gol que lle deu a victoria ao PSG. O resultado foi 0-1 e ganou o PSG. Fóronse para a casa contentos pero ocurriu que o avión caeu ao chan e  foi un accidente moi perigoso. 
Brais
TITULAR
GARAVANCIÑO,O PERSONAXE DESAPARECIDO
CORPO DA NOTICIA                                 
Garavanciño  desapareceu  mentras  ía darlle a comida a seu pai. Dícese que o raptaron pero a policía di que non porque non había rastro. Ao día seguinte oense gritos dentro dunha das vacas do pai de Garavanciño. Abriron a vaca e encontraron a Garavanciño sano e salvo. Os seus pais correron a abrazalo e a súa nai dixolle que  desde agora sempre iría con el a todos os sitios.
Ana Balseiro

TITULAR
UNHA VACA COME UN GARAVANZO   
 CORPO DA NOTICIA

Garavanciño era un Garavanzo pequeno e o dia 18 de marzo a nai de Garavanciño mandouno ir à comprar una barra de pan e Garavanciño foi . Empezou a chover e meteuse debaixo dunha leituga. Veu unha vaca e comeuno a el e a leituga  e a vaca despois cagouno  despois Garabanciño foi a casa e duchouse moitas veces . 
Alba

TITULAR

ACCIDENTE EN FERROL DUN AUTOBÚS ESCOLAR
CORPO DA NOTICIA
Un autobús que ía camiño do colexio con 28 alumnos estrelouse contra unha árbore.
O accidente foi onte pola maña mentres o autobús se dirixía ao colexio de Ferrol.
O condutor e os alumnos permaneceron atrapados durante unha hora debido a que a porta non se abría a causa da árbore.
Finalmente chegaron os bombeiros e a policía para axudalos a saír.
Once dos 28 alumnos resultaron feridos pero agora xa están ben.
Dise que o autobús chocou polo diluvio que caía e o concello de Ferrol está construíndo uns autobuses con rodas que non resbaren por carretera mollada, así non volverá a haber máis accidentes nunca máis.
  Ana Rapa