19 jun 2013

DESPEDIMOS O CURSO




Estas son as nosas palabras de despedida de curso
encantoume
                          divertido
soño        amigas
         felicidade             risas
ánimo               sorte                         amigos
   sensacións                        confianza
amizade            recordos
       disfrutei            precaucións
  esforzo             xunt@s   

11 jun 2013

GRANXA ESCOLA

Os nenos e as nenas de 2º ciclo fumos á Granxa Escola de Barreiros en Sarria. Fixemos moitas actividades relacionadas cos animais  e as plantas e tamén coa reciclaxe:  Reciclar, Reducir e Reutilizar.
Estabamos en habitacións de 8, 9 e 10 persoas e durmimos en literas.
Foi unha experiencia que non esqueceremos.
Voltamos a Burela content@s por ver aos nosos pais e ás nosas nais, pero tristes por deixar a Granxa.

ESCRIBIMOS

Queremos compartir dous textos escritos por nenas da clase de 4ºA que foron premiados no certame convocado pola Biblioteca municipal o primeiro e pola Confraría de Burela o segundo.

A TODA MÁQUINA 

  
Nun país non moi lonxano todas as persoas teñen as ideas a toda máquina que non lles da tempo de realizalas, por iso todo é un desastre. As cidades son como un torbelino de rapidez, é dicir como unha super maratón de xente dun lado para outro e con coches sen saber a onde ir, comidas exóticas e extranas , bebidas mal elaboradas, zapatos de luvas, luvas de zapatos, chaquetas de sombreiro, sombreiro de pantalón, pantalón de chaqueta….
Toda esta rapidez facía que tiraran os envases á rúa e aos ríos e que todo estivese feito unha porquería, cheo de plástico, flores arrancadas   chatarra…. Non se daban conta de que o sol cada día se alonxaba aínda máis e cando se deron conta, todo o seu país era coma un espazo sen estrelas e sen cor.
Un día apareceu unha flor que lles dixo:
-Veño de Solaria e traio unha mensaxe: imos darvos a luz de novo para que coidedes este país tan fermoso que tedes. Se non o coidades viviredes na escuridade.
Eles aceptaron. Intentaron facelo pero cando regaban as prantas elas necesitaban máis auga, cando reciclaban faltáballes lixo. Sempre, sempre lles faltaba algo. Ata que un día no que os paxaros cantaban, apareceu un sabio. Ese sabio díxolles:
-Son unha estrela enviada pola lúa para que vosoutros non volvades a caer na escuridade.
Contoulles  o que tiñan que facer e eles comprenderon o que necesitaban ter: tomarse a vida con tranquilidade. Empezaron a regar as prantas, a recoller o lixo e a tratar mellor o seu país. Tamén a vestirse ben, facer mellor a comida.
Déronse conta de que a vida hai que desfrutala, porque non é unha carreira.


Nuria Bermúdez 4º A


POR QUE ME GUSTA O MAR? 

Porque ten ondas de escuma branca coma nubes. tamén porque é a nosa vida. Vemos como medra, como mingua, como ven e como se vai... Polos cantares dos peixes no mar, polas gaivotas que susurran. Porque sempre toca o sol.
Eu vivo nun sitio onde o mar chega e saúda; vaise e chora, e así día tras día.
O mar é a nosa vida, no meu povo sen o mar non existirían os mariñeiros nin as lonxas e eu non podería bañarme nin pasear vendo a súa beleza, ulindo o sal e tocando a area.


Ana Balseiro 4ºA 

A TODA MÁQUINA
 Ana Rapa 4ºA
Debuxo premiado no certame da biblioteca municipal

10 jun 2013

UN PERCORRIDO POLA HISTORIA

As nenas e os nenos de 4º querían coñecer como vivían as persoas no pasado. Sabían moitas cousas da Idade Media que xa descubriran o curso pasado da man de Pardo de Cela pero ao estudar Galicia neste curso, apereceron cousas que lles chamaba a atención: os dolmes, as pontes romanas, os froitos que chegaron de América....Era necesario ordenar todo iso no tempo así que se puxeron a investigar e coa información recollida fixeron un mural que saben explicar moi ben.