O día 18 de setembro fumos todo o alumnado de 4º curso a pasear por Burela
cos policías locais, as monitoras de Gaia e as nosas profesoras pretendendo
aprender os sinais e un pouco como funcionan as normas de circulación. Polo
camino fixámonos no que temos que facer cando camiñamos pola rúa.
Cando chegamos ao Concello fumos á sala de plenos e ensináronnos uns videos que explicaban os sinais de
maneira moi simpática e o perigoso que pode ser ir sen cinturón ou sen silla. A
continuación puxéronnos o alcoolímetro e dimos “cero,cero”.
Vimos o despacho da policía
e as celdas e por último montamos nas motos e no coche.
Finalmente voltamos ao cole
encantad@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.