Para explicarnos máis cousas de COMO NACEMOS estiveron na nosa biblioteca María e Tania, dúas matronas que traballan no Hospital da Costa. puxéronnos uns videos e explicáronnos como nos namoramos, como se produce a fecundación, o embarazo e o parto. Aclaráronnos moitas dudas.
Gustounos moito ver cando naceu o neno.
Aprendimos moitas cousas.
alumnado 3ºB
O traballo das matronas é axudar ás embarazadas, axudar no parto, axudar aos adolescentes nas súas relacións e tamén ás mulleres maiores.
Explicáronnos que os homes teñen pene e testículos, aquí están os espermatozoides. as mulleres teñen vaxina, útero e ovarios nos que están os óvulos. A fecundación é cando se xunta un óvulo cun espermatozoide formando un feto. Cando pasan nove meses nace o bebé. Primeiro sae a cabeza e logo o resto do corpo. Entón hai que cortar o cordón umbilical.
alumnado 3ºA