26 dic 2012

ESCRIBIMOS POESÍA



EU SON

Dixéronme que para ser unha boa persoa
Tiña que ser sardiñeira
E outros costureira.
Pero eu estaba ben como era.

Dixéronme que para ser unha boa persoa
Tiña que ser unha herba
E tamén o vento que a leva.
Pero eu estaba ben como era.
  
Dixéronme que para ser unha boa persoa
Non tiña que ter sentimentos
E que do Rei tiña que ser heredeira.
Pero eu estaba ben como era.

E que EU en todo momento
SON COMO SON

Iria Pardo 4º A

12 dic 2012

PICASSO



Os nenos e nenas de 4ºA e de 4ºB estivemos investigando sobre PICASSO. Coñecimos a súa biografía e as súas pinturas. Despois pintamos e para que poidades disfrutar fixemos unha exposición no corredor do cole con todos os nosos traballos.
Esperamos que vos gusten.

4 dic 2012

A LENDA DO 4º REI MAGO




 Conta a lenda que houbo un 4º rei mago chamado Artabán. Un  día Artabán foi hacia un pobo para reunirse cos seus compañeiros de viaxe´os tres Reis Magos, pero chegou tarde porque tivo que axudar a moita xente con necesidades, asi que gastou todos os regalos que levaba para Xesús. Estivo no cárcere e cando se deu conta xa crucificaran a Xesus e pideulle perdón por dar os regalos que eran para el. Xesús díxolle que axudar á xente é como se lle estivera axudando a el.

                                                                KARLA 4ºA