12 nov 2012

DÁMOSLLE VIDA A LIBRUXA

Aquí tedes algún exemplo das biografías que o alumnado de 4º curso escribiu para Libruxa con motivo do Día da Biblioteca. Cando llas entregaron ela regaloulles unha pegatina.


         A BIOGRAFÍA DE LIBRUXA
Libruxa é unha bibliotecaria de trinta e dous anos, pois naceu no ano 1980, en xaneiro o día quince, en Vilalba, na provincia de Lugo. A súa familia era moi cariñosa con ela aínda que de nena era bastante traste e a súa nai enfadábase varias veces. Moitas veces poñíase de pé enriba de catro sillas e berraba: “ Eeeh! Son Libruxa e vivo na rúa Real Nº 7- 2ºC”.
A súa vida adulta foille moi difícil ata que casou cun xornalista tres anos maior ca ela. Desde ese día a súa vida non pode estar mellor porque casada non se sentía tan soa como antes. Sentíase capaz de facer calquera cousa.
O que máis lle gusta a Libruxa desde pequena é ler.
Agora está encantada co seu traballo . Ten unha biblioteca de tres pisos de altura con ascensor e escaleiras mecánicas. Ela é moi agradable cos seus clientes. Sempre lles recomenda bos libros.
Madina Satorras.    4ºA



Libruxa é unha bruxa que naceu en Madrid. Ten setenta anos e aínda que sexa unha bruxa, é moi boa e simpática.
Cando era  pequeña gustáballe gastar bromas pero a veces pasábase un pouco gastándoas. Os seus compañeiros de clase enfadábanse e non xogaban con ela no recreo.
Libruxa foi crecendo e cada vez ía deixando as bromas polos conxuros. Cando tiña dezaseis anos apuntouse a ciencias e cada dia facía unha das súas na clase. Ao cumprir cincuenta anos decideu ir polo mundo enteiro e como aínda non tiña escoba foi en avión.
O avión sufreu unha averia e aterrizou en Burela. Estaba en Burela e foi a dar un paseo. Andando e andando encontrou un colexio e decideu traballar alí. Era o colexio Vista Alegre, o máis famoso de Burela.
Cando a familia de Libruxa se enterou viñeron correndo  e ao cabo de dúas horas estaban os seus familiares alí, os seus tres irmáns: Torcuatro, Locezno  e Aniceto, as súas dúas irmás: Sabina e Mércores, o seu pai Félix e a súa nai Felisa.
Dende ese día Libruxa é a nosa mascota da biblioteca e estamos moi contentos con ela.
Ana Rapa 4º A