10 jul 2012

DESPEDIMOS O 3º CURSO

Algúns dos nenos e nenas de 3º A escribiron o que sentían ao rematar este curso

Eu paseino mui ben porque aprendín  cousas que non sabía antes. As cousas que aprendin foron moitas pero vou contar algunhas. A primeira a facer tecidos e a segunda a dividir. Un dia eu e Simón pelexamonos un pouco polo balón pero ao final falamos e arreglamos o problema. 
A min gustoume a clase e as profes, a clase porque os nenos e nenas portáronse ben e as profes porque explicaban ben e querianme
Brais


Eu son Ana, xa está rematando o curso e quero comentalo. A cousa que me agradou máis foi estudiar os animais. Pero tamén tiven cousas desagradables e foi cando saquei un insuficiente en matemáticas. O mellor foi que nos tocou esta profesora porque é a mellor. E o máis importante foi estar cos meus compañeiros e a miña estupenda profesora.
Ana Balseiro 

 
Este curso estivo cheo de alegría e paseino xenial.
O mellor día foi cando empezamos o curso, pero tamén os días das excursións.
Sentínme decepcionada cando non cuidemos saltar nas colchonetas e parerceume un pouco difícil estudiar o Sistema Solar porque as veces Iria Poñíame nerviosa porque non quería expoñer. Sentínme moi contenta cando coñecín a Inma porque a coñecín mellor por dentro sentínme segura e pareceume unha persoa moi cariñosa.
                                   
                                     DESEXO QUE O PRÓXIMO CURSO
                                      SEXA ASÍ DE AGRADABLE!
                                                                                                       Madina


Vou rematar o curso e síntome algo alegre, aínda que non tanto polos bos momentos que tiven. O curso pasou moi rápido. Dentro de poucos días dannos as notas de fin de curso e estou moi nerviosa. Tamén o estaba nos exames de coñecemento, de mates...a pesar de que terminei sacando boas notas.
Algunha vez houbo peleas pero solucionábano falando, tamén pasou que dúas persoas tiñan moita amizade e unha terceira sentíase triste. Eu sentíame aliviada cando unha cousa me saía ben despois de intentalo moito tempo.
Carla 

Jo! Eu non queria que se acabara 3º.
Eu paseino fenomenal pero sinto que se acabe. Os momentos agradables foron xogar e compartir cos compañeiros. Os menos agradables foron sacar malas notas, teño que concentrarme mellor.
O que máis me gustou foi facer plástica e estar cos compañeiros e tamén boto de menos a Jessica.
Iria Franco

O curso pasou rapidísimo en el houbo cousas boase cousas malas. Unha das cousas boas é que Inma é moi boa conmigo porque cando me rindo ela anímame. Outra cousa boa é que teño moitos amigos no colexio.
Tamén pasaron cousas malas como por ejemplo cando caín no suelo ou cando me pegaron. En fin, este ano foi un curso moi bo, tan bo como os demais.
Guzmán



Acabamos o 3º curso. Paseino ben este curso. Gustoume escribir. Aprendín cousas dos gusanos de seda. Na excursión paseino moi ben.
Toni

Eu son Jose e este ano aprendín cousas que non sabía. Fixemos moitos traballos en grupo e iso encantoume. Participamos nun maratón de lectura. Estiven sentado con Jessica e eu non quería porque se portaba mal, Inma felicitoume porque o fixen moi ben. O curso pasou moi rápido!
Jose



Neste curso sentín moita alegría, todas as cousas que fixemos, por exemplo: o día da paz, as excursións polas cidades e pobos, que me pareceron moi interesantes.
Tamén houbo cousas malas como as peleas pero eu case sempre me sentín ben.
No curso aprendín a dividir pero costoume moito porque me liaba ao multiplicar pero agora seino facer e estou contenta por iso.
No verán nunca olvidarei aos meus compañeiros, os que estuveron aí cando estaba triste, os que xogaron sempre conmigo e, o que mais me gusta, os que me fixeron sentir feliz polo que me pasaba na miña vida.
Paseino xenial neste curso que nunca olvidarei porque me quedará no corazón.
Ana Rapa

 
Gustoume moito este curso pero esta apunto de terminar.Este curso pasouse ben. Algunha vez costoume concentrarme. As veces mezclei  gallego- castellano.Pero o final fun mellorando pouco a pouco.
Traballamos moito o que mis me gustou foi cando era encargada,aprender cousas da idade media e ir recitar a os mayores. A profe felicitame sempre que faigo algo ben.
Karla