29 feb 2012

COMO NACEMOS







Para explicarnos máis cousas de COMO NACEMOS estiveron na nosa biblioteca María e Tania, dúas matronas que traballan no Hospital da Costa. puxéronnos uns videos e explicáronnos como nos namoramos, como se produce a fecundación, o embarazo e o parto. Aclaráronnos moitas dudas.

Gustounos moito ver cando naceu o neno.

Aprendimos moitas cousas.

alumnado 3ºB


O traballo das matronas é axudar ás embarazadas, axudar no parto, axudar aos adolescentes nas súas relacións e tamén ás mulleres maiores.

Explicáronnos que os homes teñen pene e testículos, aquí están os espermatozoides. as mulleres teñen vaxina, útero e ovarios nos que están os óvulos. A fecundación é cando se xunta un óvulo cun espermatozoide formando un feto. Cando pasan nove meses nace o bebé. Primeiro sae a cabeza e logo o resto do corpo. Entón hai que cortar o cordón umbilical.

alumnado 3ºA

1 feb 2012

EXCURSIÓN A CORUÑA













View more presentations or Upload your own.


O día 27 de xaneiro fumos de excursión a A Coruña. Alí vimos a Casa das Ciencias e enseñáronnos un video dun vampiro que nos explicaba cousas do espacio. Tamén xogamos á pelota que flotaba en vento e á rede da burbulla.


De segundo fumos á Domus e había un xogo de pensar e tranquilizarse. Xogamos ao futbol nunha portería.



E por último visitamos a Casa dos Peixes. Dixéronnos que os acompañáramos a dar de comer ás focas. Explicáronnos moitas cousas dos tiburóns e coñecimos a Gastón e Hermosa que son dous tiburóns que viven no acuario.



Pasámolo moi ben.



Brais Penelo 3ºA